Sunday 05 de May de 2024

O embaixador de Tailandia en España visita a Cámara de Comercio de Santiago co obxectivo de explorar posibles vías de colaboración institucional


A Cámara de Comercio de Santiago recibiu hoxe a visita institucional do Sr. Vosita Vorasaph, Embaixador de Tailandia en España, onde foi recibido pola Presidenta da entidade cameral, María Pais Faixa; a súa Secretaria Xeral, Rosa Mary Cardeso Trillo e o Responsable do Dpto de Internacionalización, D. Fernando Pérez-Soba Aguilar. A delegación tailandesa completábase co Sr. Pakorn Kumpornlua, Primeiro Secretario e a Sra. Maneerat Marnpae, Responsable do Centro de Información de Negocios.

O obxectivo do encontro foi o de analizar posibles vías de colaboración institucional que redunden nun incremento das relacións comerciais das empresas da demarcación da cámara compostelá co país asiático. Por iso, no encontro examináronse os distintos sectores nos que poderían atoparse vías claras de cooperación entre Tailandia e Galicia, como son o sector enerxético (enerxía solar e eólica), o automobilístico (vehículos, partes e repostos de automóbil); o relacionado coa investigación sanitaria e o da maquinaria de procesado de alimentos.

Así mesmo, o Embaixador tailandés ha mostrado a súa total disposición a prestar asesoramento ás empresas galegas que queiran participar nunha viaxe de negocios a Tailandia, país que conta cunha importante zona franca de alto interese para os investidores.

De igual forma, o Embaixador manifestou aos representantes camerais a súa vontade de promover a creación dunha comunicación aérea directa entre España e Bangkok.